Programa de adestramento online para persoas reais que queren adestrar e correr sen abandonar dunha vez por todas. Sen lesións, sen molestias e sen a cultura do sufrimento constante. Cun equipo que vai estar ao teu lado de verdade.
Corre Forte Corre Libre é o noso programa de adestramento online, organizado en bloques trimestrais. O obxectivo: que te sintas capaz co teu corpo e vivas sen limitacións, aprendendo a correr desfrutando e con metas asumibles que crean constancia de verdade.
Non cho contamos nós: cóntancho elas e eles.
Mensaxes de como viven o proceso desde dentro do programa.
Antes de empezar coñecémoste de verdade: o teu punto de partida, o teu historial e os teus obxectivos, e uns test de movemento sinxelos para ver como está o teu corpo.
Un plan de carreira, forza e mobilidade feito para o teu nivel e para os días que realmente tes.
Unha persoa do equipo ao teu carón que che dá claridade sobre os pasos a seguir en cada momento. Escoita, axusta o plan e resolve as túas dúbidas.
Non estás soa nin só: formas parte dun grupo de persoas con obxectivos e situacións moi parecidas ás túas, que comparte o camiño e celebra cada paso.
Galiactiva naceu para axudar ás persoas a cambiar a súa relación con correr e co adestramento, para que vivan unha vida plena e se sintan capaces co seu corpo. Sen xuízos, sen comparacións, e en galego.
Cóntanos o teu punto de partida e o que che gustaría conseguir. Respondemos persoas, non IA, e valoraremos o teu caso para ver se realmente che podemos axudar.
Falar por WhatsApp